top of page

Os Reis Magos de Oriente visitarán aos nenos nas súas casas en distintas parroquias de Boimorto

Se hai algún cativo estes días neste municipio que non esté empadronado pode chamar previamente para contar con esta visita tan especial


Ecos da Comarca/Boimorto

Para garantir as medidas de prevención contra a Covid-19, o Concello de Boimorto informa que este ano tampouco haberá nesta localidade recepción das Maxestades de Oriente no polideportivo. Os Reis Magos acudirán persoalmente a casa dos nenos e nenas empadroados no Concello o mércores 5 de xaneiro.


"No caso de que algún neno ou nena non esté empadroado e se encontre en Boimorto durante a visita dos Reis ao noso municipio é importante que avisedes no Concello a través do teléfono 981 51 60 20 preguntando por Eva ou no correo cultura@boimorto.es para que acudan a súa casa", informa o Concello, quen subliña que os horarios son aproximados e que irá informando do seu traxecto. "Pedimos a vosa colaboración mantendo a distancia de seguridade e usando máscara".


Os horarios aproximados no cartel:




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page