top of page

Os queixos de Arzúa representaron a Galicia na Feira Nacional do Queixo de Trujillo, en Cáceres

A Queixería Barral, Queixos Verbas e Galmesán compartiron co público todo o seu saber e tradición a través do seu produto protagonista


Laura Moure/Arzúa

Arzúa estivo presente na trixésimo quinta edición da Feira Nacional do Queixo de Trujillo (Cáceres), dende o 29 de abril ao 2 de maio, en representación da Comunidade Autónoma de Galicia. Para iso, a Queixería Barral, Queixos Verbas e Galmesán compartiron co público todo o seu saber e tradición a través do gran protagonista, o queixo.

A relación de Arzúa con Trujillo vén de lonxe, xa que son dous concellos irmandados, cun protagonista común: o queixo. En palabras de Begoña Balado, concelleira de Turismo de Arzúa, “estar presente nun acto como este e representar a Galicia foi unha honra. Arzúa é a Terra do Queixo na nosa Comunidade Autónoma e queremos compartir con todo o mundo un dos nosos principais activos turísticos”.

A feira, que volveu a desenvolverse no seu formato habitual prepandémico, tivo unhas características similares ás dos anos anteriores á pandemia. Para degustar algún dos queixos foi necesario adquirir unha tarxeta de cinco euros, coa que cada visitante tivo dereito a oito degustacións nos 100 expositores situados na Praza Maior.

Unha das novidades desta edición foron as catas de novas variedades de queixos, que estiveron abertas ao público e tiveron lugar na Igrexa de la Merced, un marco arquitectónico incomparable. Nelas participou a concelleira Begoña Balado, como membro do xurado.

Por último, as queixerías arzuás agradecen ao concello de Arzúa e ao concello de Trujillo a posibilidade de participar na feira, potenciando a actividade das queixerías situadas nos núcleos rurais e contribuíndo a manter as tradicións gandeiras e agroalimentarias.

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page