top of page

Os queixos de Arzúa representarán a Galicia na Feira Nacional do Queixo de Trujillo

Arzúa, único concello da nosa comunidade presente neste evento de Cáceres


Laura Moure/Arzúa

Arzúa estará presente na trixésimo quinta edición da Feira Nacional do Queixo de Trujillo (Cáceres), do 29 de abril ao 1 de maio, en representación da Comunidade Autónoma de Galicia. Para iso, a Queixería Barral, Queixos Verbas e Galmesán compartirán co público todo o seu saber e tradición a través do gran protagonista, o queixo.


A relación de Arzúa con Trujillo vén de lonxe, xa que son dous concellos irmandados, cun protagonista común: o queixo. En palabras de Begoña Balado, concelleira de Turismo de Arzúa, “estar presente nun acto como este e representar a Galicia é unha honra. Arzúa é a Terra do Queixo na nosa Comunidade Autónoma e queremos compartir con todo o mundo un dos nosos principais activos turísticos”.

Esta feira nunha edición pasada.

A feira, que volverá desenvolverse no seu formato habitual prepandémico, terá unhas características similares ás dos anos anteriores á Covid. Para degustar algún dos queixos será necesario adquirir unha tarxeta de 5 euros, coa que cada visitante terá dereito a oito degustacións nos 100 expositores situados na Praza Maior.


Unha das novidades desta edición son as catas de novas variedades de queixos, que estarán abertas ao público e terán lugar na Igrexa de la Merced, un marco arquitectónico incomparable. Nelas participará a concelleira Begoña Balado, como membro do xurado.

Por último, as queixerías arzuás agradecen ao concello de Arzúa e ao concello de Trujillo a posibilidade que se lles ofrece de participar na feira, potenciando a actividade das queixerías situadas nos núcleos rurais e contribuíndo a manter as tradicións gandeiras e agroalimentarias.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page