top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Os produtos da empresa arzuá Queixería Barral contan xa co selo de Galicia Calidade

Ecos da Comarca/Arzúa

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, entregou este mércores o certificado de uso da marca de garantía Galicia Calidade aos responsables da Queixería Barral, nun acto que se desenvolveu nas instalacións da empresa, situadas en Arzúa.

A xerente do organismo dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación destacou que os novos produtos certificados co selo de garantía da Xunta de Galicia caracterízanse por seren capaces de integrar "a orixe, a tradición, a calidade, o sabor e a sustentabilidade".

Publicidade

Queixería Barral empezou cunha miniqueixería artesanal fundada en 1989, que pouco a pouco se converteu nunha empresa que aposta pola tradición das súas orixes, xa que levan máis de 30 anos sendo mestres queixeiros sen perder de vista a innovación e modernidade característica dunha nova xeración.


Publicidade

Galicia Calidade é a marca de garantía que certifica a calidade dos produtos e servizos que, pola súa elaboración, pola súa materia prima ou deseño galegos, merezan esta distinción. Na actualidade, conta con máis de 150 empresas adheridas, con máis de 780 produtos ou servizos avalados co selo de garantía, que engloban aos sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e de planta ornamental.

0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page