top of page

Os Pendellos de Agolada acollerán o 31 de agosto unha xornada sobre un rural sostible

Se eres produtor tes ata hoxe, luns 5 de agosto, para anotarte// Está organizado pola Plataforma Ulloa Viva


Laura Moure/Agolada

A cita será nos Pendellos de Agolada. Autor: Ecos da Comarca.

A Plataforma Ulloa Viva, en colaboración co Concello de Agolada, organizan a actividade Ferrados de Vida que terá lugar o 31 de agosto nos Pendellos de Agolada. "Esta iniciativa pretende ser unha mostra das alternativas de desenvolvemento para un rural sostible fronte a outras opcións industriais que propoñen un modelo non integrado no noso territorio e sen ter en conta á comunidade", explica a asociación.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Convidámosvos a participar nunha xornada especial que estamos organizando dende a Terra do Medio, para poñer en valor o noso tecido produtor galego e dar visibilidade á nosa cultura gastronómica", engade. Será unha xornada sobre un rural sostible, sobre a dieta atlántica, con exposición e venta de produtos, mesas divulgativas e degustación.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Se eres produtor podes participar nesta cita. Tes ata hoxe, 5 de agosto, para anotarte!! Podes facelo a través do 686 069 494 ou a través do agoladaviva.altrinon@gmail.com 


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page