top of page

Os partidos políticos que gobernan Camba, PSOE e Unidade por Rodeiro, pronúnciase sobre o pleno deste luns

 "O PP non vota a favor desta moción como castigo ós veciños destas parrroquias, xa que en Carboentes, Arnego e Vilela foi onde peores resultados obtivo"


Ecos da Comarca/Rodeiro

Os partidos políticos que gobernan Rodeiro, PSOE e Unidade por Rodeiro, envían un comunicado sobre a sesión plenaria celebrada este luns.

Comunciado íntegro

"O pleno da Corporación municipal comezou cun minuto de silencio en homenaxe as víctimas polos atentados de fai 20 anos. Ao mesmo tempo, durante o debate dos diferentes puntos da orde do día, lamentamos tamén a actuación do goberno do PP mentindo ao respecto da autoría dos atentados.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O Partido Popular de Rodeiro rexeita votar a favor de que a Deputación Pontevedra e facer

xustiza adquirindo 18,3 km xa que a nosa localidade conta con menos quilómetros de carreteras provinciais que a media da provincia. Non ten sentido que a Deputación invirta numerosos millóns de euros en Pontevedra e Vigo a través de convenios a dedo e deixe de lado o interior da provincia. A modo de exemplo, é mais costoso o proxecto da redacción do proxecto do Convento de Santa Clara que recibir os 18,3 km do Concello de Rodeiro. O PP non vota a favor desta moción como castigo ós veciños destas parrroquias, xa que en Carboentes, Arnego e Vilela foi onde peores resultados obtivo.


Non queremos interpretar da votación dos populares que a Deputación de Pontevedra non

vaia aceptar esta proposta unha vez que se comunique o acordo plenario. Instamos ao Partido Popular rectificar a súa postura xa que esta penaliza gravemente a numerosas familias das zonas das diferentes zonas beneficiarias e que se sume a esta iniciativa

do goberno local.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A maiores, o goberno de coalición, rexeitou as propostas do PP debido aos seguinte motivos: Por un lado, hai que destacar que, as vias municipais encontrámolas nun estado lamentable. Este goberno ten programada a maior inversión da historia en vías do rural é, unha vez que acabamos de pagarlle a Repsol xa podemos comezar co plan de bacheo polo que, tan pronto mellore o tempo. Recordarlles o PP que en todo o 2023 solo aglomeraron 1,6 kms de vias en todo o concello.


Por outro lado, con respecto ao as goteiras no pavillón, dicir que, neste caso si que se lle

reclamou á empresa que executou as obras, a diferenza de outras obras executados polo anterior goberno nas que xamais reclamaba as melloras necesarias. O goberno espera que, coa maior brevidade, estean resoltas".



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page