top of page

Os participantes de Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración visitan o Corazón da Artesanía


Ecos da Comarca/Agolada

O medio cento de galegos do exterior que participa no programa Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración continúan a realizar actividades complementarias aos cursos de cultura galega que están a levar a cabo no Centro Superior de Hostaleira de Galicia. Os alumnos achegáronse esta fin de semana ata o mercado de abastos de Santiago e tamén ata os Pendellos de Agolada para coñecer máis en profundidade o mundo da artesanía galega.

O sábado pola noite, ademais, desenvolveron unha foliada nas prazas do centro de Santiago ofrecendo así a visitantes e veciños diferentes actuacións nas que combinaron baile, percusión e gaita.


Escolas Abertas ten como obxectivo formar a membros de entidades galegas de Europa e América en baile tradicional galego, canto popular e pandeireta, gaita tradicional galega, percusión tradicional galega, confección de traxe tradicional galego e cociña.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Desenvólvese ata o próximo día 15 de xullo no Centro Superior de Hostalería de Galicia.

Durante a mañá de hoxe foi o cociñeiro de Pereiro de Aguiar, Miguel González, que conta cunha estrela Michelin, o que ofreceu unha master class sobre gastronomía galega aos alumnos de cociña, mentres pola tarde serán Xurxo e Carlos Núñez quen acheguen formación sobre a gaita aos participantes neste programa.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Trátase de cursos presenciais que pretenden garantir a participación da cidadanía galega no exterior, tanto na vida social como na vida cultural de Galicia, de cara a dinamizar as comunidades galegas de Europa e América.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page