top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Os parques de Silleda abriranse ao público o venres e o domingo voltará a feira da Bandeira

Tamén dende o sábado se reabren as instalacións do Punto Limpo


O Punto Limpo de Silleda

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda levantará a partir do venres algunas das restricións que seguían vixentes dende finais de xaneiro. Así, e coincidindo ca desescalada anunciada polo goberno autonómico, na xornada do venres desprencintaranse os parques infantís, que se continuarán desinfectando de xeito periódico, como se vén facendo dende o inicio da pandemia, tal e como indica o Concello. Tamén na xornada do sábado se reabren as instalacións do Punto Limpo, aberto ao público todos os mércores e sábados en horario de 09:00 a 14:00 horas, se ben para enseres mantívose activo durante todo este tempo o servizo gratuito de recollida a domicilio.


Por outra banda, levantaranse as suspensións das feiras da Bandeira, que voltarán o vindeiro domingo 28, permitindo a instalación de todo tipo de postos e gardando as debidas distancias. “Aínda que os datos nos sitúan nunha boa situación logo da preocupación vivida nas últimas semanas, e a pesar de que Silleda estará a partir de venres no nivel tres, seguimos a facer un chamamento á prudencia e á responsablidade para non volver atrás”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page