Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Os obradoiros de "Silleda, a vila do mañá' contan con prazas libres en horario de tarde

O proxecto educativo e e de divulgación, con obradoiros gratuítos para nenos e nenas de 5 a 14 anos, terá lugar do 28 de xuño ao 3 de xullo en Silleda


Laura Moure/Silleda

Silleda acollerá durante unha semana, do 28 de xuño ao 3 de xullo os obradoiros de A Vila do Mañá, unha aposta lúdico educativa que nos últimos anos se desenvolveu en distintas localidades galegas e que chegou tamén ata San Paulo, no Brasil. A día de hoxe hai un total de 55 nenos e nenas anotadas e quedan aínda 18 prazas libres en horario de tarde (de 17:00 a 20:00 horas).


As persoas interesadas deben de cubrir o formulario de inscrición no Rexistro Municipal, ou ben descárgalo da web municipal e remitilo vía Sede Electrónica. Como podemos recuperar a identidade das novas vilas e cidades? Como poderían volver a ser novo lugar de encontro e intercambio….? Algunhas destas cuestións levaron no seu día ao estudo PØSTarquitectos a crear o proxecto A Vila do Mañá, unha iniciativa educativa e de divulgación para que dende a dinámica do xogo a infancia tome conciencia de todas as escalas do común: a arquitectura, o patrimonio tanxible e intanxible, o urbanismo e a paisaxe.

Estes obradoiros están destinados a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos do termo municipal con distintas actividades coordinadas por personal monitor que se desenvolverán en horairo de mañá e de tarde nas rúas e espazos públicos de Silleda. As actividades, organizadas polas Concellerías de Cultura, de Educación e de Urbanismo, son gratuiítas.


O punto de referencia para as persoas usuarias será o pavillón municipal César G. Fares, onde se deixarán e recollerán os menores participantes. O reto principal é que a infancia e a adolescencia estean presentes de forma activa no proceso de construción dos espazos comúns, dotándoos das ferramentas necesarias para desenvolver a súa creatividade dende a arte e a arquitectura. “O fin é provocar neles e espertar unha nova mirada sobre os espazos nos que desenvolven a súa vida”, explica Sandra González, promotora da iniciativa.


Con Silleda, a vila do mañá tomarase a localidade como un taboleiro de xogo e laboratorio de experimentación, transformando a localidade en algo novo a descubrir se se mira e percorre con outros ollos. O taboleiro está feito con elementos característicos do municipio, concebido como un orixinal e inédito xogo da oca. “É importante que dende pequenos coñezamos o valor do noso territorio para ser conscientes e saber coidalo o día de mañá”, explica a arquitecta Sandra González.


As actividades que se plantexan nos obradoiros estructuraranse a través de seis conceptos fundamentais: a percepción, o espazo, a paisaxe, a escala, a sustentabilidade, a vila, e con ferramentas coma o punto, a liña o plano e o elemento tridimensional.




9 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE