top of page

Os nenos do Pino gozan dun verán de aventuras grazas ao programa “Viaxando coa cativada”

Gozaron de saídas educativas e de lecer en paraxes naturais e culturais de Galicia


Laura Moure/O Pino

O programa Viaxando coa cativada do Concello do Pino continúa a rexistrar un notable éxito e unha excelente acollida entre as familias e a rapazada do municipio. Este proxecto, deseñado para facilitar a conciliación familiar e laboral durante o verán, está dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos e ofrece unha serie de excursións a algúns dos destinos máis emblemáticos da xeografía galega.

Onte a cativada do Pino viviu unha nova aventura coa excursión á cidade da Coruña, onde visitaron a Casa das Ciencias, entre outros lugares. Os nenos e nenas quedaron fascinados co planetario e as múltiples exposicións interactivas que lles permitiron achegarse ao marabilloso mundo da ciencia dun xeito divertido e educativo.


Durante os meses de xullo e agosto, este programa xa levou aos máis pequenos a descubrir e gozar de paraxes únicas como as praias da Illa de Arousa, Boiro e Gandarío, onde gozaron de xogos e baños refrescantes. Tamén visitaron as piscinas naturais da área recreativa de Carixa, en Vila de Cruces, e do río Barosa, onde a beleza natural foi un dos principais atractivos. Outro dos momentos máis destacados foi a visita ao Aquarium Finisterrae e á Torre de Hércules na Coruña, onde os rapaces se marabillaron coa diversidade de especies mariñas e as impresionantes vistas da costa galega. Ademais, puxeron a proba as súas habilidades nos emocionantes circuítos do Parque de Aventuras Estuario Río Coroño en Boiro.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Todas as saídas foron moi ben recibidas, cunha ampla variedade de actividades que mantiveron á cativada entretida e activa en todo momento. O éxito deste programa, que

aínda ten algunhas saídas por realizar, reflicte o compromiso do Concello do Pino por

ofrecer alternativas de lecer educativo e saudable para os máis pequenos, mentres se

facilita a conciliación das familias durante o verán.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Viaxando coa cativada destaca pola súa excelente organización e pola variedade de

propostas que permiten aos nenos e nenas desfrutar dun verán diferente, cheo de

aventuras, aprendizaxes e novas experiencias que recordarán para sempre.


コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page