Ecos da Comarca/Agolada
Os nenos e nenas que participan na primeira quincena do campamento urbano de Agolada desprazáronse este martes á farmacia da localidade para coñecer o funcionamento da mesma. Acudiron divididos en dous grupos. Alí aproveitaron para formular unha serie de preguntas as dúas farmacéuticas, que lles resolveron todas as dúbidas.
Falaron sobre a importancia de usar protección solar, de reciclar medicamentos, de non tomar medicinas sen a supervisión dun adulto ou do calendario de vacinas. Ademais, as farmacéuticas entregáronlles un agasallo a cada un: toallas, cantimploras ou mochilas.
Este mércores está previsto que visiten a Casa Consistorial para coñecer como é a actividade da administración local. Cabe mencionar que nesta quincena participan 20 cativos e que o campamento lévao a cabo a empresa Eduvía.
Visita nenos do campamento á farmacia.
Comentários