top of page

Os nenos de Monterroso coñecen o labor que fan o GES deste municipio e os condutores da motobomba

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Parte dos membros que conforman estes servizos visitaron aos cativos da ocioteca e dos campamentos desta localidade


Laura Moure/Monterroso

Hoxe os nenos da ocioteca, do campamento infantil e do campamento culturescencia de Monterroso puideron comprobar todo o equipamento co que conta o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) e os condutores da motobomba forestal, así como o traballo que realizan.

"Recibiron as explicacións dunha parte de membros que conforman este servizo tan esencial para o noso pobo e para os concellos aos que dá servizo, informándoos do funcionamento de todo o material que empregan así como das vivencias dos traballadores con casos nos que actuaron", indica o Concello de Monterroso. Tamén estivo presente a alcaldesa do municipio, Rocío Seijas.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ademais, tamén responderon as numerosas preguntas dos cativos. "É importante que os nenos de Monterroso saiban o funcionamento destes servizos tan esenciais para o noso Concello", recalca a administración local.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page