top of page

Os murais do proxecto 'Mulleres extramuros' en plena creación na parroquia silledense de Cortegada

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Trátase dunha iniciativa que lanzou este ano por vez primeira a Deputación para encher de arte mural o rural da provincia


Laura Moure/Silleda

O programa pioneiro “Mulleres Extramuros” que vén de lanzar este ano por vez primeira a Deputación para encher de arte mural o rural da provincia e que de xeito piloto se está a realizar en Cortegada (Silleda) comezou xa a “visualizarse”.

Tras unha primeira etapa de investigación e convivencia coas mulleres da aldea, para intercambiar experiencias e historias inspiradoras, as artistas que participan na iniciativa están comezando a desenvolver os seus proxectos específicos de intervención artística, xurdidos tralas historias e vivencias experimentadas en Cortegada. Así Xoana Almar, de Cestola na Cachola, ten xa comezado a traballar e Lula Goce está en pleno proceso, desenvolvendo o seu mural na fachada lateral dunha vivenda.


Pola súa banda Tamara Alves, Basilisa Fiestras, Virginia Bersabé, Laura Iturralde e Ness Morais iniciarán estes días as súas pezas na aldea de Cortegada.

Preme na imaxe se quere contactar connosco!

O sábado 16 de xullo terá lugar a xornada de peche do programa “Mulleres Extramuros”, na que participarán a presidenta provincial Carmela Silva, as artistas e toda a veciñanza de Cortegada que se implicou e participou no proxecto e onde poderanse ver xa todas as intervencións artísticas rematadas.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page