top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Os membros do GES de Lalín rescataron a dúas persoas ás que lles sorprendeu a neve tras subir a pé ao Alto do Coco

 Rodeiro e Dozón tamén rexistaron incidencias pola neve


Ecos da Comarca/Lalín

Os membros do GES de Lalín rescataron a dúas persoas ás que lles sorprendeu a neve tras subir a pé ao Alto do Coco. Un dos implicados sufriu unha lesión nun nocello, pero desprazouse polos seus propios medios ao centro médico.

Eles mesmos contactaron co 112 Galicia ao fío das 14 horas e indicaron que estaban nun refuxio do Alto do Coco, localizado na parroquia lalinense de Zobra. Chegaran ata alí andando, pero a neve impedíalles emprender o camiño de volta e, aínda que no refuxio dispoñían de mantas térmicas, indicaban que as temperaturas eran moi baixas.


Publicidade

Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do GES de Lalín e da Garda Civil. Finalmente, os implicados foron recollidos polo GES, cuxos membros puideron chegar ao lugar a bordo dun vehículo todoterreo.


Incidencias por neve na comunidade

Desde o mediodía, o 112 Galicia contabilizou dez novas incidencias relacionadas coa presenza de neve nas estradas, o que fai un total de 42 durante todo o día.


Publicidade

Nas últimas horas, rexistráronse casos nos municipios ourensáns de Lobios, Calvos de Randín, Muíños, Piñor, Castro Caldelas e Vilariño de Conso. En Pontevedra, Rodeiro e Dozón suman unha incidencia cada un e, por último, tamén se contabilizou un incidente en Folgoso do Courel,  na provincia de Lugo.


Entre as vías nas que se recibiron avisos de particulares ou de organismos por acumulacións de neve sobre o asfalto destacan a A-52, a AG-53 , a OU-310 e a OU-536.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page