Esta parroquia de Touro celebra o día 1 a súa festa na honra a este prato estrela
Laura Moure/Touro
Cornado, en Touro, volve a facer os Rixóns en Pota de Ferro. Folclore, bo xantar, samaín, concurso de disfraces e feira de artesanía nun só evento, que terá lugar o día de Santos, o 1 de novembro de 2023 en San Tirso de Cornado.
Publicidade
A parroquia quere pór en valor non só os rixóns senón todo o procedemento tradicional para a súa elaboración. De feito, os rixóns van ser o protagonisa do menú preparado para o día da festa, se ben tamén haberá filloas, tortillas e pizzas de rixóns con queixo de Arzúa.
Publicidade
A festa comeza con dúas mestras rixoeiras Chelo de Roque e María de Seixo, para continuar cunha sesión vermú a cargo dos Viqueiras de Ordes. "A partir das 16:00 todos a rockear co gran Pakolas. Xa pola tarde sobre as 17.00 horas terá lugar o concurso de disfraces. E, a partir das 17:30 horas volverán a amenizarnos os Viqueiras de Ordes, ás 18:30 vai actuar Pandereteiras sen fronteiros (Pan Sen Fron), co seu espectáculo A todo filispín!. Remataremos cunha foliada libre", indica a organización. "E se chove que chova, dispoñemos dunha gran carpa, café e chocolate", engade.
Publicidade
A organización da festa corre a cargo da comisión de festas da parroquia (a Asociación o Batán), que conta coa colaboración do Concello de Touro e da Deputación da Coruña.
コメント