Os mellores exemplares das razas autóctonas en perigo de extinción decidíronse onte na feira Abanca Semana Verde de Galicia 2024 en Silleda
- Laura Moure
- 31 may 2024
- 3 Min. de lectura
Entre eles gañaron animais de Lalín, Toques, Palas de Rei e Vila de Cruces
Laura Moure/Silleda
A 46ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, a cal se celebra dende onte ata o domingo, foi este xoves marco de 10 concursos morfolóxicos das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción, os cales estiveron organizados pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) e a Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel). En canto aos concursos das bovinas, participaron14 ganderías en cinco concursos morfolóxicos.
No XI da Raza Cachena o primeiro posto foi para Truana, de Finca A Ferreira, de Val do Dubra (A Coruña), o segundo para Choiva, de Fernando López de Mondoñedo (Lugo), e o terceiro para Merla, de Marco Vázquez, de Ourol (Lugo).
Publicidade
No X da Vianesa o primeiro posto foi para Bora, de Estefanía Puga, de Baños de Molgas (Ourense), e o segundo para Visa, de María Concepción Gómez, de Maceda (Ourense).
En canto ao IX de Caldelá, ganou Camelia, de Juan Manuel Lage, de Maceda (Ourense); o segundo posto foi para Chupada, de Roberto Louzán, de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) e o terceiro para Cebada, de Alejandro Salvatierra, de A Pontenova (Lugo).
No VIII Concurso Morfolóxico da Limiá, o pódium estivo composto por Bragada, de Ganadería Balín, de Verea (Ourense); Lucía, de Ganadería Costoya, de Mesía (A Coruña), e Leira, de David López, de Cervo (Lugo).
Xa no VI de la Frieiresa a campioa foi Feira, de Gonzalo Seoane, de Vilalba (Lugo) e a subcampioa Fanática, de Roberto Louzán, de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).
En canto á Galiña de Mos, tivo lugar o 9º Campionato Galego, no que participaron 20 criadores de distintos puntos de Galicia. Na súa sección por lotes, o gañador foi Óscar Rodríguez de Mos (Pontevedra), o segundo Lourdes Mullet, de Lalín (Pontevedra) e o terceiro Álvaro Rodríguez, de Mos (Pontevedra)
Publicidade
De forma individual, en galos venceu un exemplar de José Luis Freire, de Pol (Lugo), o segundo foi un animal de Francisco José Monasterio, de Vilalba (Lugo), e o terceiro un de Sandra López, de Láncara (Lugo). En galiñas, o pódium foi, de primeira a terceira, para exemplares de Luís Fernández, de Riotorto (Lugo), de Óscar Rodríguez, de Mos e de José Zapata, de Castro de Rei (Lugo).
As razas Ovella Galega e Cabra Galega celebraron a cuarta edición da súa competición, con nove criadores. En canto ao da Ovella Galega, centrado en femias, o primeiro posto foi un animal de “Finca A Tellada”, de Nogueira de Ramuín (Ourense), mentres que o segundo foi un de Montes de Boado, de Xinzo de Limia (Ourense) e o terceiro para un de Luis Fernández, de Riotorto (Lugo).
Respecto ao de Cabra Galega, conseguiron o primeiro e terceiro posto dúas femias de Dolores García, de Toques (A Coruña), mentres que o segundo foi para unha de Jaime Fernández de Cerdido (A Coruña).

En canto ao VI Concurso Morfolóxico del Porco Celta, organizado por Asoporcel, contou con 56 animais de 30 ganderías das catro provincias galegas. Na categoría de femias reprodutoras venceu un animal de Lembraeco S.L, de Palas de Reis (Lugo), seguido dun de José Vega, de Castro de Rei (Lugo) e outro de Iván Uz, de A Pastoriza (Lugo). En machos o vencedor foi un porco de Granxas de Lousada de Irixoa (A Coruña), o segundo un exemplar de Carmen García, de Vila de Cruces (Pontevedra) e o terceiro un de Diego Díaz, de Lugo.
En canto a recría, o vencedor foi un exemplar de Celso Toimil, de Lalín (Pontevedra), ao que seguiu un de Pablo Cabodevila, de Riotorto (Lugo) e un de Finca O Peñasco, de A Laracha (A Coruña).
En canto ao Cabalo de Pura Raza Galega, levará a cabo o seu concurso morfolóxico o vindeiro sábado, tamén no marco da feira.
Comments