top of page

Os Melidaos gañan o Premio Martín Códax da Música na categoría de Música Tradicional

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

"Adicar este premio ás nosas familias que tanto nos aturan, pero sobre todo, apoian e acompañan no que facemos. Adicamos dun xeito especial a todos os que foron membros dos Melidaos ao longo destes máis de 20 anos de historia", sinalan


Laura Moure/Melide

Os Melidaos. Fonte: Concello Melide

Este mércores celebrouse a gala de entrega da XI Edición Premios Martín Códax da Música. Este premios están promovidos pola Asociación Músicas ao Vivo que nacen co obxectivo de dar visibilidade e recoñecer a diversidade e a calidade artística das producións musicais e de todo o sector musical galego. O grupo de música Os Melidaos (de Melide) obtiveron o Premio Marín Códax da Música na Categoría de Música Tradicional.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

"Parabéns Os Melidaos. Onte recibiron o Premios Martín Códax da Música na categoría de Música Tradicional. Un recoñecemento máis que merecido para este grupo que naceu en Melide hai máis de 20 anos e que tanto traballan en prol da música e cultura galega", sinala o Concello de Melide a través das súas redes sociais.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
"Non cabemos da alegría tan inmensa que sentimos!! Hoxe recibimos o Premios Martín Códax da Música na Categoría de Música Tradicional e estamos enormemente agradecidos ao xurado que nos nomeou e a toda xente que nos fixo gañadores dun recoñecemento tan importante
Queremos nomear en primeiro lugar aos nosos compañeiros de nominación: os fantásticos Mediarea e as prezadas Malvela. Sentímonos afortunados por compartir con vós... Toda a nosa admiración.
Adicar este premio ás nosas familias que tanto nos aturan, pero sobre todo, apoian e acompañan no que facemos. Adicamos dun xeito especial a todos os que foron membros dos Melidaos ao longo destes máis de 20 anos de historia.
E, por último, adicamos este premio a todas as mulleres, homes e colectivos que pensan, coma nós, que o importante non é o intérprete, senón o interpretado. Aqueles que pensan que a nosa Música Tradicional é un tesouro que cómpre conservar. Viva a nosa música tradicional e viva a música feita en Galicia", indicaron onte Os Melidaos a través do seu Facebook.

Dende o equipo de ECOS DA COMARCA: Moitos parabéns!!!


Os gañadores na imaxe:

Fonte: Premios Martín Códax da Música.




0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page