Trátase dunha iniciativa na que artistas dos diferentes municipios que a conforman poderán compartir co público a súa música e esta localidade elixiu a esta formación
Ecos da Comarca/Arzúa/Melide

A Concellería de Turismo de Arzúa elixe á formación musical Os Melidaos para actuar o vindeiro 24 de setembro na praza de Galicia de Arzúa. Trátase dunha iniciativa proposta pola Mancomudade de Municipios do Camiño Francés onde artistas dos diferentes
concellos que conforman a mancomunidade poderán compartir co público a súa música.
O Camiño Francés é o itinerario xacobeo con maior tradición e o máis recoñecido internacionalmente. A Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés engloba a once
concellos entre os que atopa Arzúa. "Tanto no itinerario marcado polas frechas como nos
seus arredores hai decenas de recunchos que ver e visitar e en Arzúa esta fin de semana non podes perder este maravilloso plan", indica a concelleira Begoña Balado.
Comments