top of page

Os mastíns deben 'xubilarse' aos sete anos?

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Os gandeiros que sigan "obrigando" a estes cans a traballar enfrontaranse a multas de ata 30.000 euros


Laura Moure/Xeral

Dise que os cans son os mellores amigos do home. E se dúbida, os de raza mastín son os aliados perfectos para coidar e protexer ao gando, polo que son fieis compañeiros de moitos gandeiros. Pois destes exemplares tamén fala a Lei de Protección e Dereitos dos animais que prepara o goberno de España. Nesta inclúe o dereito a que os mastíns se "xubilen" dende os sete anos.

De impedirlles a estes "traballadores eficais" facelo, as consecuencias poden ser graves para os donos que se enfrontarán a multas de 30.000 euros. Ademais, na lei figura levar a cabo un seguimento destes exemplares e esixe un informe veterinario que deberá de evaluar anualmente o estado de saúde do animal, polo que independetemente dos anos que teña, se non ten plenas facultades, non poderá seguir facendo as súas funcións de can traballador.


Son múltiples os ámbitos que toca esta lei. E entre as novidades, e tal e como publicamos hai unhas semanas, barralla a posibilidade de ter que facer un curso formativo para ter unha mascota. Queres saber máis? Mira no enlace:

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page