Os maiores de 65 anos de Sobrado poderán presentar a renda por videoasistencia
- ecosdacomarca
- 12 jun 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes

As persoas maiores de 65 anos, domiciliadas en Sobrado dos Monxes, poderán participar no servizo da Agencia Tributaria - Hacienda e presentar a renda por videoasistencia, tal e como informa o Concello.

Para poder participar nesta proba teñen que pedir cita previa a través dos teléfonos 915 53 00 71 e 901 22 33 44 de luns a venres de 9:00 a 19:00 horas.
Deberán escanear o código QR da imaxe ou entrando na sede electrónica da Agencia Tributaria - Hacienda 👇
Comments