top of page

Os lalinenses Javier García e María Vila gañan a XXI edición do Campionato Galego de Coctelería

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

Os lalinenses 𝗝𝗮𝘃𝗶𝗲𝗿 𝗚𝗮𝗿𝗰í𝗮 𝗚𝗼𝗻𝘇á𝗹𝗲𝘇 𝗲 𝗠𝗮𝗿í𝗮 𝗩𝗶𝗹𝗮 𝗕𝗮𝘁á𝗻 𝗴𝗮ñ𝗮𝗿𝗼𝗻 𝗮 𝗫𝗫𝗜 𝗲𝗱𝗶𝗰𝗶ó𝗻 𝗱𝗼 𝗖𝗮𝗺𝗽𝗶𝗼𝗻𝗮𝘁𝗼 𝗚𝗮𝗹𝗲𝗴𝗼 𝗱𝗲 𝗖𝗼𝗰𝘁𝗲𝗹𝗲𝗿í𝗮, promovida pola Asociación Galega De Barmen, que tivo lugar onte na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela, tal e como destaca a través das súas redes sociais o Concello de Lalín.

García e Vila. Fonte: Concello de Lalín.

Ao final da competición entre 17 barmans participantes, o xurado profesional declarou aos dous lalinenses gañadores polas súas elaboracións: Javier na categoría barman e María na categoría xoven barman.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Estes galardóns vailles permitir acudir ao campionato nacional de Barmans de España que terá lugar en Lanzarote a finais de ano.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais Javier García tamén resultou vencedor no XX Trofeo Especial con Augardente de Galicia.


Moitos parabéns!!



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page