Disputarán o rali da casa a bordo dun Citroen Saxo VTS
Laura Moure/Lalín

A 27 edición do Rali do Cocido xa está á volta da esquina, xa que se disputará este venres e sábado. Será un total de 73 coches o que darán todo de si para obter os mellores resultados. Entre eles atópanse dous veciños de Lalín que será a primeira vez que correrán no rali da casa. Falamos de David Fernández e Christiam Mejuto.
Fernández será o encargado de pilotar, mentres que Mejuto cantará as notas. Como diciamos será o seu debut no rali do seu municipio, pero sen embargo, xa será o terceiro que corren xuntos. E farano a bordo dun Citroen Saxo VTS.
"É a primeira vez no Cocido. Levabamos anos querendo correr. Cumprimos o soño no pasado rali de Pontevedra e agora chega o momento de correr na casa", sinala Mejuto.
Así mesmo, ambos queren agradecer a axuda e o apoio de todos os patrocinadores por facer que isto sexa posible.
E nós, dende ECOS DA COMARCA, desexámoslles moita sorte!
NOTICIAS RELACIONADAS:
Presentación coa presenza da Xunta, lista de inscritos e acceso á web do rali: https://www.ecosdacomarca.com/post/lete-reivindica-en-lal%C3%ADn-o-peso-do-automobilismo-galego-no-calendario-nacional-con-10-probas
Un total de 73 vehículos correrán: https://www.ecosdacomarca.com/post/un-total-de-73-veh%C3%ADculos-disputar%C3%A1-esta-fin-de-semana-a-27%C2%AA-edici%C3%B3n-do-rali-do-cocido
Comments