Substraeron distinto mobiliario nun local de hostalaría de Ligonde e tamén o fixeron noutro do concello de Portomarín
Laura Moure/Monterroso
Aos amigos do alleo xa lles vale practicamente de todo!! E non teñen inconveniente en volver de segundas e roubar por partes. Isto é o que acontenceu nun local de hostalaría do lugar da Previsa, en Ligonde, no municipio de Monterroso, do que substraeron distinto mobiliario da súa terraza en noites distintas.
O mobiliario roubado no local de Monterroso.
Roubaron varias cadeiras, mesas e sombrillas e trátase dun feito reincidente, posto que como adiatabamos non é a primerira vez, tal e como nos conta unha das traballadoras deste establecemento. "No noso local a noite do 24 de xuño levaron dúas sombrillas e volveron a noite do día 1 de xullo e levaron unha mesa e cadeiras".
Publicidade
Pero ademais, isto non é un caso illado. Xa que nos indica que en Ventas de Narón, en Portomarín, a só dous quilómetros do establecemento de Monterroso afectado a mesma noite do día 1, roubáronlles tamén dúas sombrillas de cor branco roto coa marca de Estrella Galicia.
Publicidade
En que mundo vivimos cando en plena campaña de verán, rouban a un autónomo as ferramentas que ten para poder desempeñar a súa profesión? Tanta é a necesidade dunhas mesas/cadeiras/sombrillas, ata o punto de vir de noite roubalas...?", lamenta esta traballadora. "Espero que se o que o fixo le isto, devolva o que roubou de noite tal como as colleu (sen facer ruido). E se alguén sabe quen foi que o diga. Agradezco difusión e colaboración", engade.
Se algúen sabe algo pode contactar coas autoridades ou a través do noso correo ecosdacomarca@gmail.com
Comments