top of page

Os IES Laxeiro, de Lalín, e o Marco do Camballón, de Vila de Cruces, participan no Parlamento Xove

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Este ano debido a pandemia é por vía telemática


Laura Moure/Deza

A directora xeral de Mocidade, Participación e Voluntariado, a lalinense Cristina Pichel, participou hoxe na fase clasificatoria de Bacharelato na duodécima edición do programa Parlamento Xove que, pola situación sanitaria, volve celebrar de maneira telemática. Deulle a benvida a preto de 80 estudantes de Bacharelato que se deron cita para debater sobre unha cuestión de máxima actualidade. Do mesmo xeito que na fase de ESO, celebrada a pasada fin de semana, os equipos compararán ao longo do día as súas opinións sobre a seguinte pregunta: Debería un Estado establecer como obrigatoria a vacinación entre a súa poboación?

IES Marco do Camballón de Vila de Cruces.

Autor: Ecos da Comarca


Nesta primeira quenda participan un total de 20 equipos, cada un deles formado por unha persoa docente, que exerce de coordinador do grupo, e por catro estudantes. Os debates poden seguirse por streaming a través das ligazóns publicadas na web http://xuventude.xunta.es/parlamento- xove A pandemia xa obrigou a celebrar en liña parte da edición de 2020 de Parlamento Xove. A Xunta de Galicia valorará a posibilidade de que as finais se celebren de maneira presencial no Parlamento de Galicia en función da evolución da situación sanitaria. No caso de que o desaconsellen, utilizarase de novo a vía telemática.


Equipos participantes

En concreto, na categoría de Bacharelato déronse cita 11 equipos de centros da provincia de Pontevedra: o IES Laxeiro 1 e o IES Laxeiro 2, de Lalín; o Colexio Internacional SEK-Atlántico 1 e 2, de Poio; o IES A Xunqueira II 1 e 2, de Pontevedra; o IES Valle Inclán 1 e 2, de Pontevedra; o IES Soutomaior; e o IES Marco do Camballón 1 e 2, en Vila de Cruces Tamén participan catro grupos da provincia da Coruña: Colexio Maristas de Cristo Rei, da Coruña; o IES Plurilingüe Fontexería, de Muros; e o Colexio La Salle 1 e 2, de Santiago. Da provincia de Lugo son tres os equipos participantes: do IES Becerreá 1 e 2; e un equipo do IES Francisco Daviña Rey, de Monforte.


En canto á provincia de Ourense, participan equipos do CPR Plurilingüe Santa María 1 e 2. Outras fases clasificatorias Ademais da modalidade de Bacharelato, tamén existe a competición para alumnos da ESO, cuxa fase de clasificación celebrouse a semana pasada, e de universidade. Os 8 equipos universitarios rexistrados celebrarán directamente unha fase final cuxa data aínda está por determinar. Fai falta destacar que os debates de ESO recibiron un total de 4.909 visitas de 1.130 persoas diferentes a través de streaming. Os equipos desta categoría que pasaron á fase final son: Colexio La Salle de Santiago, CPR Plurilingüe Sacra Familia (equipos 1 e 2) de Vilagarcía de Arousa, IES A Pinguela de Monforte, CPR Maristas A Inmaculada (equipo 2) de Lugo, Colexio Maristas Cristo Rei (equipo 2) da Coruña, CPR Santiago Apostol de Soutomaior e CPR Plurilingüe Divino Salvador de Vigo. Por tanto, este ano o programa Parlamento Xove da Xunta de Galicia contará con máis de 200 estudantes da ESO, Bacharelato e das universidades galegas.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page