Os GEAS aínda non puideron sumerxerse para buscar a menor de Ordes que está desaparecida
- ecosdacomarca
- 27 oct 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O gabinete de prensa da Comandancia da Coruña informa que o operativo do GEAS (os grupos especiais de actividades subacuáticas) que pretendían unirse á busca da menor de Ordes desaparecida, onte non puido sumexerse debido ás malas condicións do mar.

"No día de hoxe tampouco está prevista esa inmersión porque aínda que en terra fai bastante bo tempo, o mar segue estando mal. Hoxe hai patrullas de seguridade cidadá ao longo da costa, pero dende terra", subliña a Garda Civil. Adriana Carrillo Calvo, de 14 anos e de Ordes, está desaparecida dende o martes, 22 de outubro.

Publicidade
Estana buscando en Fisterra e arredores. Cabe recordar que onte, sábado, un veciño de Fisterra atopou a súa mochila, na praia Mar de Fóra. Nela estaba a súa documentación, pero non o seu teléfono móbil.
Publicidade
Os axentes da Garda Civil coordinan o operativo desde o Faro de Fisterra."Se alguén ten algunha información pode contactar coa Garda Civil a través do 062", resalta a Benemérita.
Comments