O primeiro conseguiu o posto 17 da xeral e o segundo, a posición 88
Ecos da Comarca/Deza
Esta fin de semana os galaicos Óscar Mariño e José Fungueiriños desprazáronse a terras pontevedresa para disputar o mini trail de Portalen polo monte Deixo. "Unha proba moi rápida e esvaradiza xa que tanto os días antes como o mesmo día da proba as precipitacións foron copiosas", sinala o GTR Galaico Trail Run.
O corredor Fungueiriños entrou na posición 17 da xeral cun tempo de 1h 28' e Óscar Mariño na posición 88 con dúas horas. "Óscar acabou satisfeito xa que arrastra unha molestia na planta do pé ( fascitis plantar) que parece que o permiten comezar a correr. E por outra banda, unha pequena expedición desprazouse a Terras de Melide xa que realizou un adestramento na mítica Os 21 do Camiño".
Comments