top of page

Os Gaiteiros do Balado de Toques levan a súa música ao País Vasco

Actuaron na Casa Galicia Santurtzi con motivo do Día das Letras Galegas


Laura Moure/Toques

Os Gaiteiros do Balado de Toques levaron a súa música e arte esta fin de semana ao País Vasco. "Vimos de desfrutar dunha fin de semana repleta de bos momentos", indican a través das súas redes sociais.

Actuaron na Casa Galicia Santurtzi con motivo do Día das Letras Galegas. "Non hai suficientes palabras de agradecemento para adicarlle á Casa Galicia Santurtzi polo traballo realizado para poder celebrar as Letras Galegas 2022 e polas atencións que en todo momento nos adicaron. Insuperables!". E tamén agradecen ao Concello de Toques "o apoio prestado para que esta viaxe se realizase. Dende logo que non todo o mundo ten a sorte de pertencer a un concello tan cercano e implicado co asociacionismo!".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page