Os fregueses de Merlán, San Xorxe e Ferreira, en Palas, asisten a unha misa en memoria do seu sacerdote Pedro Taboada
- ecosdacomarca
- 15 ene 2024
- 1 Min. de lectura
Faleceu o pasado 31 de decembro aos 90 anos de idade
Ecos da Comarca/Palas de Rei

Os fregueses de Merlán, Ferreira e San Xorxe de Aguasantas en Palas de Rei asistiron este domingo a unha misa funeral, oficida na Igrexa de San Xorxe en memoria do sacerdote destas parroquias, Don Pedro Taboada Garea, finado o pasado 31 de decembro aos 90 anos de idade.
Publicidade
Don Pedro, como era coñecido entre os seus fregueses, exerceu o sacerdocio nestas parroquias durante máis de 50 anos, onde se gañou o cariño, a admiración e respecto de todos os veciños e veciñas de ámbalas tres parroquias.
Publicidade
O acto litúrxico, tamén contou coa presenza do alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, e do concelleiro, Fernando Pensado, co que mantiveron unha gran amizade.
Publicidade
Comments