Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Os festivos locais de 2022 dos 17 concellos das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa

Ecos da Comarca/Xeral

A Consellería de Emprego e Igualdade publicou esta semana a resolución do 10 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2022, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia. Nas comarcas son os seguintes:


COMARCA DE ARZÚA

  1. Arzúa: 1 de marzo, Martes de Entroido e 18 de xullo, festa da Virxe do Carme.

  2. Boimorto: 1 de marzo, Martes de Entroido e 6 de setembro, festas do Rosario.

  3. O Pino: 29 de xuño, festa de San Pedro e 22 de xullo, festa de Santa María Magdalena.

  4. Touro: 1 de marzo, Martes de Entroido e 18 de abril, Luns de Pascua.


COMARCA DE DEZA

  1. Agolada: 29 de xuño, San Pedro e 30 de xuño, San Pablo.

  2. Dozón: 18 de xullo, Luns da Virxe do Carme e 5 de setembro, Luns da Pena de Francia.

  3. Lalín: 26 de setembro, festas patronais Virxe das Dores e 27 de setembro, festas patronais Virxe das Dores.

  4. Rodeiro: 13 de xuño, Santo Antonio e 8 de setembro, Nosa Señora do Faro.

  5. Silleda: 8 de xullo, festa do Lacón e 22 de agosto, festa da Empanada de Bandeira.

  6. Vila de Cruces: 8 de agosto, Festividade da Nosa Señora da Piedade e 9 de agosto, Festividade da Nosa Señora da Piedade.


COMARCA TERRA DE MELIDE

  1. Melide: 29 de xuño, Día de San Pedro e 18 de abril, Día de Pascua.

  2. Santiso: 13 de xuño, festa de San Antonio e14 de setembro, festa de Santa Cruz.

  3. Sobrado dos Monxes:1 de marzo, Martes de Entroido e 29 de xuño, festa de San Pedro.

  4. Toques: 1 de marzo, Martes de Entroido e 2 de setembro, festa de San Antolín.


COMARCA DA ULLOA

  1. Antas de Ulla: 1 de marzo, Martes de Entroido e 8 de setembro, Virxe dos Remedios.

  2. Monterroso: 1 de marzo, Martes de Entroido e 29 de setembro, San Miguel.

  3. Palas de Rei: 28 de xaneiro, San Tirso e 14 de setembro Ecce-Hommo.


Podedes consultas os festivos locais do vindeiro ano de todos os concellos galegos no seguinte enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211122/AnuncioG0599-151121-0002_gl.html?fbclid=IwAR0lPFbEER7GTG2UfKjklHOOR_i5TY0YcdXIqSD9Vo0_q2sNWWGbd53dftU




280 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE