Os establecementos que queiran participar no Mercamelide teñen ata o día 20 para inscribirse
- Laura Moure

- 13 feb 2023
- 1 Min. de lectura
Nesta edición ofertarase un servizo gratuíto de animación infantil a partir dos catro anos
Laura Moure/Melide
O Concello de Melide presentou hoxe o cartel do Mercamelide de Inverno 2023, a feira do comercio local melidense que reúne os produtos e artigos dun bo número de establecementos do municipio con descontos no prezo. O período de inscricións para os comercios participantes permanecerá aberto ata o luns 20 de febreiro.

No caso dos comercios asociados á ASETEM (Asociación de Empresarios da Terra de
Melide) poden levar a cabo a inscrición na asociación. O resto de comercios pode
inscribirse no Departamento de Promoción Económica do Concello de Melide ou a través de correo electrónico promocioneconomica@concellodemelide.gal
O Mercamelide tera lugar na fin de semana do 25 e 26 de febreiro. O mercado de inverno
ofrecerá a prezos moi competitivos todo tipo de produtos do fogar, moble, menaxe,
decoración, mercería, moda, calzado e lencería. Do mesmo xeito, ofrecerá produtos de
beleza, perfumería, tecnoloxía, seguros, deportes ou complementos. Todos produtos de
primeira calidade, proximidade e a un prezo moi económico.
Nesta edición ofertarase un servizo gratuíto de animación infantil a partir dos catro anos. Con este servizo, que se estenderá de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas, as familias poderán efectuar as súas compras con maior comodidade.
A edición de 2022 contou con 14 comercios de Melide e rexistrou un alto volume de
vendas e de asistencia. O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Igrexas, confía no éxito dunha nova edición e lembra a importancia de dotar ao comercio local dun evento de apoio coma este no tramo final do inverno.







Comentarios