Os equipos de emerxencias liberan o ocupante dun vehículo tras caer por un desnivel na Estrada
- ecosdacomarca
- 16 ago 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Os equipos de emerxencias liberan o ocupante dun vehículo tras caer por un desnivel na Estrada. Previamente, o turismo bateu contra outro coche na intersección entre a EP-7001 e a PO- 841, ao paso por Toedo, A Estrada.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, ademais do ferido excarcerado, resultaron feridas outras dúas persoas, ocupantes do segundo vehículo, aínda que de carácter leve.
Eran case as 23:30 horas cando os xestores do 112 atenderon o primeiro aviso sobre o sinistro: dous coches colidiron e un deles foise por un barranco. Dentro había unha persoa que necesitaba axuda para saír, polo que foron alertados os membros do GES da Estrada e os Bombeiros de Deza. Sen embargo, bastaron os medios e recursos dos primeiros para facer fronte á situación cunha persoa definitivamente atrapada no interior do coche.
Publicidade
Cando foi liberado, unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladouno ao centro hospitalario de referencia. Outro equipo ocupouse dos feridos leves, que ían no outro vehículo implicado.
Publicidade
Ademais, actuou o persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas debido aos restos do accidente que quedaron na vía.
Comments