Os Enganches de Equina ofrecerán unha trepidante competición con subcampións de España e Portugal
- Laura Moure

- 10 jul 2025
- 2 Min. de lectura
Celebrarase do 11 ao 13 de xullo na Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda e está organizado pola Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA)
Laura Moure/Silleda
O evento ecuestre Equina Galicia 2025, o cal se celebrará do 11 ao 13 de xullo no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda baixo a organización da Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA), acollerá na súa última xornada a terceira proba das seis que compoñen o Campionato Galego de Enganches.

Esta competición, puntuable para o Campionato de Galicia e clasificatoria para o de España, contará con cinco modalidades. Dous delas serán Limonera e Tronco, ambas
consistentes en carruaxes de catro rodas pero cun cabalo no primeiro caso e con dous
no segundo. Sumarase Sulky, cun cabalo e unha carruaxe con dúas rodas, e tamén
Poni, orientada a nenos cunha carruaxe tirada por un poni. Ademais, haberá unha
proba libre, para non federados, na que se admite calquera tipo de cabalo e coche.
Esta cita conta de novo con nomes relevantes nesta disciplina deportiva. Así, entre a
súa decena de participantes, procedentes de distintos puntos de Galicia, figurará o
actual subcampión de España de Limonera Individual e tamén o subcampión de Tronco
en Portugal, un país pioneiro no deporte dos Engabche no que hai moita tradición e,
por tanto, un gran nivel entre os participantes. Así mesmo, destaca que nesta proba
participarán dúas das catro mulleres que compiten en Galicia como groom, é dicir,
auxiliar do cocheiro.
Publicidade
A proba estará conformada en todas as súas modalidades por dúas saídas a pista dos
participantes, que recibirán a súa puntuación en función da media desas dúas voltas.
Será unha trepidante competición na que colaboran o Club de Enganches de Galicia,
difusor deste deporte na comunidade e que conta con 46 socios; a Federación Hípica
Galega e ACCEGA, a cal fai posible un ano máis incluír esta proba en Equina Galicia.
Unha posibilidade que agradece enormemente Carlos Otero, presidente do Club de
Enganches de Galicia, por ser un importante escaparate para este deporte.
Cinco competicións máis.
Publicidade
Esta proba de enganches súmase a outras cinco destacadas competicións, o XI
Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, proba morfofuncional
que é o eixo central desta cita ecuestre; o VII Trofeo Xunta de Galicia-Medio Rural de
Doma Clásica, a XXVI Copa Accega e o Territorial, todos eles de Doma Clásica, e
tamén a II Proba de Equitación de Traballo. Ademais, haberá bautismo hípico e unha
conferencia con mesa redonda posterior.








Comentarios