Axentes Ambientais da Xunta realizan tarefas de extracción de fauna acuática en cursos fluviais sen caudal continuo e falan do estado crítico como deste río preto de Monterroso
Laura Moure/Monterroso

Os efectos da terrible seca comezan a facerse patentes na rede fluvial, tal e como informa APRAFOGA, a Asociación Profesional dos Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia. Ante isto os Axentes Ambientais Galicia están realizando tarefas de extracción de fauna acuática en cursos fluviais sen caudal continuo, traslocando estes exemplares a ríos con mellores condicións hídricas.
Lamentan o estado crítico dos ríos, como é o caso de fotos (como a de liñas máis arriba) que publican do río Ulla preto de Monterroso. "Este estado provoca que calquera inciencia negativa poida ter grave consecuencias para a fauna piscícola pola falta de osíxeno (vertido, turbidez das augas,...). Máxima precaución nas actividades que se fagan preto dos ríos", recalcan.
Comments