Laura Moure/Xeral
REFLEXIÓN
A "febre eólica" pretende encher a Galicia rural de eólicos por todos os recunchos. E as comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa non son unha excepción, por desgraza. Sobre todo a dezá é unha das máis prexudicadas nas que se pretenden instalar varios. Colectivos, ecoloxistas, afectados e Concellos levan meses en pé de guerra para evitar este espolio que afectarán ao noso día a día. O problema ambiental tamén é preocupante e a nosa comunidade non goza dunha baixada de enerxía, máis ben todo o contrario.
Xa se presentaron miles de alegacións, houbo concentracións de repulsa e as distintas plataformas de afectados non escatiman en esforzos e continúan con diversas accións, como con reunións informativas para intentar parar estes proxectos. Pero realmente... conseguirano? A unión de todos servirá para paralizar estes megaparques? Son preguntas que están no aire, pero para conseguir unha resposta positiva debemos seguir coa loita.
ECOS DA COMARCA estivo en días pasados por Camariñas (A Coruña) e a nosa cámara non puido deixar de fotagrafar unha imaxe curiosa, e que non deixa de ser preocupante. A medida que nos iamos achegando ao marabilloso Cabo Vilán os eólicos rechamaban máis que esta mostra do noso Patrimonio, como se apreza na imaxe. En serio? Isto pode permitirse? Non importa que a nosa paisaxe e o noso Patrimonio se vexa afectado por estes muíños xigantes?
O eólico saca todo protagonismo ao Cabo Vilán de Camariñas.
Autor: Ecos da Comarca.
A historia do Parque eólico de Cabo Vilán remóntase a principios dos 90. Foi entón cando os seus primeiros muíños comezaron a xirar fronte ao importante faro do municipio coruñés de Camariñas e segue sendo un proxecto en continua actividade. Naturgy (anteriormente Gas Natural Fenosa) leva máis de 30 anos apostando firmemente por este tipo de enerxías a través de proxectos pioneiros como o de Cabo Vilán, o primeiro parque eólico de Galicia. "Un exemplo de como ser partícipe desta batalla a favor do medioambiente á que a compañía suma seus propios horizontes para o futuro co seu plan estratéxico 2018-2022", indican.
Independentemente de que si se cumpran todas as medidas e normativas medioambienteis, a cuestión é: por que estes muíños xigantes afean o noso Patrimonio e a nosa fermosa paisaxe? É hora de seguir reflexionando...
Comments