Ecos da Comarca/Xeral
Os drons da AXEGA incorpóranse á busca dunha persoa desaparecida en Aranga. Un familiar avisou a través do 112 Galicia da súa desaparición, despois de que a traballadora doméstica notase a súa falta o pasado xoves.
Este veciño do lugar de Maques, en Aranga, duns 90 anos de idade, adoita saír pasear, pero está de volta na casa antes das dúas da tarde. O pasado xoves non volveu e deixou as súas pertenzas na casa.
Publicidade
Tras rexistrarse a súa desaparición, os axentes da Garda Civil puxeron en marcha os correspondentes operativos de busca, nos que tamén participaron os membros do GES de Curtis.
Publicidade
Hoxe, ademais, incorpóranse os técnicos do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias co sistema de drons.
Comments