Os Drons da Axega colabora na busca da muller que falta da súa vivenda desde onte en Lalín
- ecosdacomarca

- 18 nov
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
Contra a medianoite, un familiar alertou ao 112 Galicia de que viran á muller por última vez ao mediodía e que acostumaba saír a camiñar pola zona.

Publicidade
Deste xeito, activouse un operativo coordinado pola Garda Civil e no que participan, ademais dos drons da Axega, o Grupo Especial de Localización e Rescate (GERL) da ONG Intervención, Ayuda y Emergencias, o Servizo Municipal de Protección Civil de Lalín e os voluntarios de Protección Civil de Agolada.
Publicidade
Foi esta mañá cando os drons do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias uníronse ao operativo de busca.
Máis datos no enlace:https://www.ecosdacomarca.com/post/buscan-unha-muller-de-53-anos-de-lal%C3%ADn-que-est%C3%A1-desaparecida-dende-onte
Falamos co capitán Pampín da Garda Civil de Lalín. A entrevista no enlace: https://www.facebook.com/share/v/17o2MzoywQ/








Comentarios