Os dezás Javier Ramos e Álex Moure participarán por primeira vez no Rallye Ribeira-Ría de Arousa
- ecosdacomarca
- 15 nov 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín

Ribeira será epicentro do 3º Rallye Ribeira-Ría de Arousa, unha cita que comezará o sábado 18 a media mañá para disputar os treitos de Boiro e Rianxo en tres ocasións. O domingo pola mañá, Porto do Son e Ribeira, cerrarán a derradeira proba do Campionato Galego de Rallyes 2023. Logo do discreto 8º posto logrado no pasado Rallye San Froilán, unha proba na que os dezás Javier Ramos e Álex Moure probaban por primeira vez o Skoda Fabia Rallye2 nunhas condicións climatolóxicas complexas, tentarán recuperar sensacións por terras do Barbanza e de novo coa calculadora na man.
Publicidade
Javier Ramos é matemáticamente subcampión do Supercampionato R5- Recalvi e da Copa Top Ten. Pola súa banda, Álex Moure ocupa a terceira posición no apartado de copilotos de ambas copas. Logrando chegar á meta na última proba sería suficiente para subir tamén ó 2º escalón tanto do Supercampionato R5 como da Copa Top Ten.
Publicidade
“O noso obxectivo a principio de tempada era o de participar na Copa R5 debido ó gran nivel de pilotos que hai na mesma para seguir aprendendo e collendo cada vez mellor ritmo de carreira. As circunstancias, debido a que varios rivais non seguiron o campionato
dunha forma regular, e nós afortunadamente non tivemos ningún abandono, fan que nos atopemos a final de tempada nun pódium que en condicións normais sería moi difícil de conseguir. Na última proba sairemos de novo no Skoda Fabia Rallye2, que tentaremos coñecer un pouco e como principal obxectivo chegar á meta final”, sinalan.
Comments