Os dezás Javier Ramos e Álex Moure logran o cuarto posto no 36 Rali Berberecho de Noia
- Laura Moure

- 4 abr 2022
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Deza
Tras varios meses de inactividade, os dezás Javier Ramos e Álex Moure volvían a sentarse no Volkswagen Polo R5 do equipo ArVidal. Deste modo, saíron á cita do Barbanza para realizar quilómetros e recuperarar sensacións para a proba da casa, o Rali do Cocido. "Fomos de menos a máis. A medida que pasaban os tramos sentiámonos moito máis a gusto. O noso único obxectivo era facer quilómetros e volvemos cun bo test previo para o Cocido. Os nosos amigos e compañeiros de equipo, Alberto Nimo e Jose Pintor foron unha boa eferencia para nós e temos que felicitalos polo gran rali que fixeron logrando o seu primeiro pódium xuntos. Acabamos no cuarto posto final que nos deixou moi satisfeitos ", recalca Javier Ramos.

O Rali do Cocido será a primeira proba da CERA-Recalvi 2022, unha cita na que Ramos e Moure tratarán de facer un bo papel, sabendo de antemán que será moi complicado igualar o cuarto posto de 2021. Espérase a presencia de grandes pilotos do panorama galego e nacional no 26 Rali do Cocido.
NOTICIA RELACIONADA:
https://www.ecosdacomarca.com/post/os-dez%C3%A1s-javier-ramos-e-%C3%A1lex-moure-competir%C3%A1n-no-36%C2%BA-rali-berberecho-de-noia







Comentarios