top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Os dezás Javier Ramos e Álex Moure estarán no 57 Rali de Ourense

Ecos da Comarca/Deza

O Supercampeonato de España de Rallyes de Asfalto terá en Ourense a cuarta cita da tempada xa primeira a disputar en Galicia (a outra será o Rallye Rías Baixas, que se celebra en xullo). Nesta cita Javier Ramos e Álex Moure participarán no Peugeot 208 T16 R5 que empregan habitualmente no Campionato Galego de Rallyes.


Publicidade

"Este ano non temos intención de seguir ningún Campionato en concreto. Participar tanto no Rallye de Ourense como no Rías Baixas, as dúas citas do Supercampeonato de España, sempre é un bo aliciente para tentar estar nelas. Chegamos a Ourense coa única intención de chegar meta e gozar dun rali moi longo, con 14 tramos cronometrados", comenta Javier Ramos.


Publicidade

Para Álex Moure este será tamén o seu primeiro rallye no Supercampeonato de España. "Ourense foi o primeiro rallye ao que asistín como espectador nun xa afastado 1990. Quizais de aí saíu a miña afección por este deporte. O ritmo de cabeza deste rali será moi alto. A xente de cabeza, ademais de moza, corre moito; mesmo foron protagonistas en probas do Europeo. Trataremos de facer o noso rali, de menos a máis, tentando non cometer erros. Chegar ao final de rali é o noso obxectivo”.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page