top of page

Os dezás Javier Ramos e Álex Moure disputarán o Rallye Mariña Lucense a vindeira fin de semana

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Deza

A vindeirafin de semana, Viveiro será o centro neurálxico da quinta edición do xa asentado Rallye Mariña Lucense. Tres semanas despois do Rali do Cocido, cita inaugural da CERA (Copa de España de Rallyes de Asfalto) na que os dezáns lograron un meritorio quinto lugar, Javier Ramos e Álex Moure regresan ó Campionato Galego de Rallyes.

A bordo do Peugeot 208 T16 R5 que pouco a pouco está xa más adaptado ós treitos galegos, participarán de novo encadrados na COPA R5. “A R5 é unha copa na que hai un nivel altísimo, polo tanto trataremos de non cometer erros e buscar o noso ritmo. A ver onde podemos estar na clasificación xeral. Os N5 son unha boa referencia para nós xa que son pilotos moi rápidos” .


Cinco serán os treitos que compoñen o Itinerario, que xa comezará o venres pola tarde-noite coas primeiras pasadas por Cervo e Xove. O sábado, as especiais de O Vicedo, Muras e Ourol completarán o percorrido.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Vai a ser un rallye complicado xa que la previsión para a zona da Mariña é de choiva. O

venres comezamos con dous treitos complicados, que ademais en parte, disputaranse de noite. Acertar coa elección de neumáticos, ao igual que sucedeu no Rali do Cocido, será clave”.


O equipo dezá, será o único representante da Escudería Lalín-Deza na proba lucense.


0 comentarios

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page