top of page

Os dezás Javier Ramos e Álex Moure disputarán hoxe o Rallye Pazo Tizón

Laura Moure/Deza

A Comarca do Carballiño acollerá este sábado unha nova edición dol Rallye Pazo Tizón, unha proba que ven para substituir ao Rali do Lacón, un dos ralis con más tradición de Galicia. A cita organizada pola escudería JLB Motorsport contará cun itinerario longo, con especiales no Carballiño, Leiro, Cenlle, Amoeiro, O Irixo e Cea.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Destacando as especiais de Cea, que termina arredores do Mosteiro de Oseira e O Irixo, por discurrir ambos treitos moi preto de Lalín, polo que este é o rallye do Campionato Galego máis cercano á Comarca do Deza. Javier Ramos, acompañado de novo por Álex Moure, participarán a bordo do Volkswagen Polo GTI R5 que empregou o equipo fai unhas semanas no Rallye Sur do Condado.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“En 2022 estabamos facendo un bo rallye no Carballiño, pero unha pequena avaría mecánica obrigounos a abandonar. Pese a que este ano prácticamente todolos treitos son novos, trataremos de buscar o noso ritmo para intentar colleitar o máximo número de puntos de cara ó Campionato”.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page