Os dezás Javier Ramos e Álex Moure competirán no 36º Rali Berberecho de Noia
- Laura Moure
- 28 mar 2022
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Deza

Despois do parón invernal, a tempada 2022 en Galicia comezaba coa disputa do Rallye da Coruña a mediados de marzo. Noia será a sede da segunda cita do Campionato Galego de Rallyes, unha proba á que acudirán os dezáns Javier Ramos e Álex Moure para retomar sensacións tras pasar case seis meses desde o pasado Rali do Cocido (primeira vez na que compartían habitáculo).
Tras as boas sensacións que lles transmitiu o Volkswagen Polo GTIR5 no 25 Rali do Cocido, de novo esta será a montura para utilizar neste curso, unha unidade pertencente ao equipo ArVidal Racing. “Coincidindo co 30 Aniversario de Disiclín, gustaríanos realizar un pequeno programa deportivo en 2022. Un programa que poida compaxinarse facilmente co traballo diario. Iremos a Noia simplemente para probar diferentes configuracións e volver coller confianza. O Ralid o Cocido está aí e queremos chegar mellor preparados que en 2021”, sinala Javier Ramos.
Comments