Os días 26 e 27 de marzo chega a Monterroso a segunda a edición do Comercio na Rúa
- ecosdacomarca

- 20 mar 2021
- 1 min de lectura
Participan 25 establecementos que ofrecen grandes descontos e sortéanse 1.000 euros
Laura Moure/Monterroso
A localidade de Monterroso acollerá os días 26 e 27 deste mes a segunda edición do Comercio na Rúa. Nesta cita participan 25 establecementos que ofrecen grandes descontos e por cada compra entregarase unha papeleta para un sorteo de 1.000 euros en 10 vales por valor de 100 euros cada un.
Os vales das compras realizadas o venres día 26 entrarán no sorteo que se realizará o sábado 27 e as do sábado sortearanse o luns día 29. Os agraciados terán dous meses para poder canxear o seu premio.
Ademais, ambos días haberá animación na rúa. "Anímate a desfrutar destas xornadas, a seguir a liña de Monterroso sen ir máis lonxe apostando polo noso comercio local e por comprar e consumir no noso pobo", indica o Concello.

Monterroso.






Comentarios