Presentarán o seu vehículo, este venres, día 15, na Praza da Igrexa de Lalín
Laura Moure/Vila de Cruces
Os cruceños Manuel Botana Fernández e o seu copiloto Álvaro Amosa Martínez correrán varias probas do Rallymix. Botana é de Brandomés e Amosa, de Gres. Anteriormente, correron varias probas do Rallymix cun Renault Supercinco nos anos 2018 e 2019. "Para este ano estrenamos un Citroen C2 e queremos facer o máximo número posible de probas do Campeonato Galego de Rallymix", recalcan.
Presentarán o coche e o equipo mañá, Venres Santo, a partir das 19:00 horas na Praza da Igrexa de Lalín. "Na cal teremos dispoñible merchandaising do equipo a venta así como varios sorteos gratuítos para os asistentes", indican.
Comments