top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Os contos de Marta Ortiz e a música de Sofía Espiñeira pechan o mes de outubro do “Outono a escena”

 Este programa de Arzúa continuará en novembro con monólogos e actividades dirixidas ao público escolar para conmemorar o Día do Infancia


Ecos da Comarca/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para este venres a última actuación do mes de outubro incluída na programación cultural Outono a escena que está a dinamizar as fins de semana dos meses de outubro e novembro con actuacións de artes escénicas e musicais para todos os públicos.

Actuación de Divas de Diván dentro de Outonos a escena en Arzúa.

O certame ofrece este venres, 25 de outubro, outra sesión dos chamados Venres na capela que achegan propostas para público adulto. Neste caso contarase co espectáculo de narracion oral e música de autora Matrioskas de Marta Ortiz e Sofía Espiñeira. Contos das nosas mulleres, historias de vida que foron pasando dunhas a outras. A dúas voces, a contadora Marta Ortiz e a cantautora Sofía Espiñeira xuntan verbas e música para revivir estas emocionantes historias. A función comezará ás 21:00h. e será de acceso libre e gratuíto ata completar a capacidade.


Publicidade

A programación de Outono a escena continuará no mes de novembro con monólogos e actividades dirixidas ao público escolar para conmemorar o Día do Infancia.


Publicidade

O concelleiro de cultura, José Luís García, anima “ás veciñas e veciños a participar nesta velada que mesturará contos e música para desfrutar xuntos, en comunidade, dunha noite de lecer e cultura participando activamente na actividade cultural do noso concello”. 

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page