top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Os consorcios provinciais contraincendios propoñen unha mellora das condicións dos bombeiros

Básase na equiparación salarial en toda a comunidade


Ecos da Comarca/Xeral

Os consorcios provinciais contraincendios e salvamento mantiveron hoxe unha reunión na que se lles presentou aos sindicatos dos bombeiros comarcais unha nova proposta coa intención de chegar a un acordo e que se desconvoque a folga dos últimos meses.


Publicidade

No encontro, ao que asistiron representantes da Xunta, das catro deputacións provinciais e dos sindicatos, os consorcios trasladaron unha oferta que supón unha mellora considerable das súas condicións coa equiparación salarial nas catro provinciais e un incremento do salario en arredor do 10%.


Publicidade

Ademais, contempla unha redución da xornada a 1.642 horas anuais, o aumento de efectivos nos 24 parques comarcais da comunidade e a concesión de dúas xornadas de 24 horas para asuntos particulares que equivalen a seis días de asuntos propios.


Publicidade

Os representantes sindicais comprometéronse a estudar a proposta e ambas partes acordaron manter esta vía de diálogo con novas reunións en próximas datas coa finalidade de pechar un acordo.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page