Os concellos galegos do Camiño Francés asinan o seu irmandamento co Camiño de Gran Canaria
- Laura Moure

- 9 abr
- 1 min de lectura
A sinatura tivo lugar no Castelo de Pambre, en Palas de Rei, e asistiron os alcaldes de San Bartolomé de Tirajana, Tejeda e Gáldar
Laura Moure/Palas de Rei
O Castelo de Pambre de Palas de Rei, icona da Galicia Medieval, foi o escenario elexido pola Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés para a firma do acordo de irmandamento cos municipios do Camiño de Santiago en Gran Canaria que tivo lugar hoxe

"Quero manifestar a vontade da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camino Francés de establecer lazos de relación e amizade permanente cos Concellos de San Bartolomé de Tirajana, Tejeda e a Real Ciudad de Gáldar, en orde a un mellor coñecemento, entendemento, intercambio de experiencias e cooperación mutuas", sinala Begoña Balado, Presidenta da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés e concelleira de Turismo de Arzúa.
PUBLICIDADE

Este acordo recolle, entre outros asuntos, promover intercambios culturais: Organización de eventos culturais conxuntos, como exposicións de arte, festivais de música, danza, feiras gastronómicas e outras iniciativas que se consideren convenientes para promover o coñecemento mutuo das tradicións e costumes de cada municipio.
A Presidenta da Mancomunidade, Begoña Balado Conde, o Alcalde de San Bartolomé de Tirajana, Marco Aurelio Pérez Sánchez, o Alcalde de Tejeda, Francisco Juan Perera Hernández e o Alcalde de Gáldar, Teodoro Claret Sosa Monzón asinaron o documento diante de todos os representantes dos concellos do Camiño Francés en Galicia.
Publicidade
“Agradecemos o esforzo dos alcaldes de Gran Canaria en desplazarse ata Galicia para a sinatura deste acordo. Despois de varias reunións telemáticas, chamada telefónicas, correos, etc, hoxe, por fin, podemos afirmar xa, que somos municipios irmáns”, recalca Balado.







Comentarios