Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Os Concellos de Touro, Boqueixón e Vedra presentan unha campaña conxunta de sensibilización polo 8M

Touro levará a cabo un obradoiro no PAI, repartirá pulseiras ao alumnado do colexio, acollerá un espectáculo e entregará á veciñanza bolsas para concienciar sobre esta data

As asistentas á presentación desta campaña hoxe en Boqueixón.


Laura Moure/Touro

#8M no Camiño da Igualdade é o lema da campaña de sensibilización que os Concellos de Touro, Boqueixón e Vedra, integrados no Centro de Información á Muller (CIM) boqueixonés, poñen en marcha con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. A presentación desta iniciativa conxunta tivo lugar esta mañá no consistorio de Boqueixón e contou coa presenza das concelleiras de Igualdade de Boqueixón, Ana María Seijo, de Vedra, Susana García, e coa edil de Cultura, Deportes e Educación de Touro, Adela Iglesias.

Na súa intervención, a directora do CIM, Cristina Carbajales, salientou que con esta proposta “os tres concellos pretenden camiñar e avanzar de xeito conxunto en accións que potencien e que traballen a concienciación da veciñanza para que a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres sexa unha realidade; búscase fomentar deste xeito, que todas as persoas poidan ocupar na sociedade o lugar que desexen”. Ao mesmo tempo, tamén se reforza o rexeitameno “a una das desigualdades máis crueis que se atopan neste camiño de igualdade: a violencia contra a muller”.

Pola súa banda, as representantes de Touro, Boqueixón e Vedra coincidiron á hora de salientar a importancia de proxectos deste tipo. Ademais, puxeron de manifesto “a grande responsabilidade que teñen as administracións locais, as máis próximas a cidadanía, en potenciar unha sociedade progresista e na defensa e fomento da igualdade real entre homes e mulleres”. Un proceso de concienciación que se debe de estender a todo o ano”.

A posta en marcha da campaña 8M no Camiño da Igualdade, comprende o desenvolvemento de diversas accións durante este mes de marzo. Así, os tres Concellos procederán ao reparto de material divulgativo entre a poboación co fin de visibilizar e potenciar a mensaxe do 8M.


Actividades en Touro

O Concello de Touro iniciará a súa programación o propio luns 8 de marzo cun obradoiro de xogos dirixido ao alumnado do PAI que se centrará en Educar en Igualdade. Farase tamén un reparto de pulseiras conmemorativas entre escolares do CPI Fonte Díaz, onde o profesorado tamén tratará a temática da igualdade. O mércores 10 ofrecerase unha sesión de artes escénicas co espectáculo O pozo das señoras. Repartirase tamén durante todo o mes de marzo entre a veciñanza unha bolsa co lema Camiñando cara á desigualdade como símbolo de loita contra a desigualdade.

32 vistas0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE