top of page
Foto del escritorLaura Moure

Os Concellos de Melide, Toques e Santiso reclámanlle á Xunta persoal de apoio para os colexios

"En caso de non atenderse estas demandas, o alumnado vese forzado a saír fóra da comarca para obter o reforzo educativo que precisan, o que resulta unha falla do dereito a unha educación de calidade na contorna do menor"


Laura Moure/Terra de Melide

O Concello de Melide reitera o seu apoio ao alumnado e ás familias dos centros educativos de Melide na súa demanda dun reforzo educativo para o alumnado con necesidades específicas. Neste senso, o alcalde de Melide, José Manuel Pérez Penas, asinou o pasado 2 de novembro unha solicitude, xunto a Manuel Adán López, alcalde de Santiso, e José Ángel Penas García, alcalde de Toques, na que reclama que se teñan en consideración estas demandas. A misiva urxe a dotar aos centros educativos de máis persoal para atender axeitadamente ás nenas e nenos que presentan necesidades educativas especiais.

Na misiva, os tres alcaldes lembran as demandas realizadas polos pais e nais do alumnado, ANPAS e centros escolares de Infantil e Primaria. Nesta liña, lembran que en caso de non atenderse estas demandas, o alumnado vese forzado a saír fóra da comarca para obter o reforzo educativo que precisan, o que resulta unha falla do dereito a unha educación de calidade na contorna do menor.


Os tres concellos e as ANPAs reclámanlle á Consellaría de Educación da Xunta que cumpra cos concellos rurais e garanta o dereito a unha escolarización axeitada para as nenas e nenos dos mesmos, en igualdade de condicións fronte aos centros educativos situados en municipios urbanos.



NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page