top of page

Os concellos de Agolada, Antas de Ulla e Monterroso recibirán novos colectores amarelos e azuis

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Medio Ambiente e Ecoembes entregan case 700 novos a 32 municipios galegos


Laura Moure

A Xunta de Galicia e Ecoembes instalarán case 700 novos colectores en 32 concellos galegos para que os cidadáns poidan reciclar os seus envases de plásticos, latas e briks (contedor amarelo) e papel e tarxeta (contedor azul). A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e Ecoembes, organización ambiental sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe de envases en España, veñen de impulsar esta acción, á que se destinan 240.000 euros, recollida dentro do plan para fomentar e reforzar a reciclaxe na comunidade galega.


Os concellos que se beneficiarán destas novas infraestruturas para a reciclaxe son: A Baña, Camariñas, Ponteceso, Narón, Cabanas, Cerdido, Moeche, San Sadurniño, Val do Dubra, Padrón, Teo, Outeiro de Rei, Chantada, Pantón, Begonte, As Nogais, Portomarín, Lugo, Monterroso, Courel, Riotorto, Antas de Ulla, Ribadeo, Cerdedo-Cotobade, Caldas de Reis, Meaño, A Cañiza, Baiona, Poio, Fornelos de Montes, Tomiño e Agolada.


Así, a actual rede de reciclaxe de envases e papel, que conta con máis de 5.000 puntos ao logo da xeografía galega, increméntase en 555 puntos máis para a reciclaxe de plásticos, latas e briks e en case 140 novos contedores azuis para a reciclaxe de papel e tarxeta.


Desde a Consellería de Medio Ambiente destácase que a distribución de novos contedores é unha das liñas de actuación estratéxicas fixadas por ambas as entidades recollidas nun proxecto conxunto, dotado dun orzamento de 400.000 euros, "co fin de facilitar aos cidadáns a reciclaxe e así reforzar o seu compromiso co coidado do medio ambiente, a través dun xesto tan sinxelo como depositar nos colectores correspondente este tipo de refugallos urbanos".


Campañas

Ademais deste incremento de contedores amarelos e azuis, ambas as entidades colaboran en campañas como Únete ao Reto, que se está levando a cabo en varios municipios, como son Ourense, Ferrol, Arteixo, Carballo, Ribeira, Ponteareas, Lalín, O Porriño, Boiro, Teo, A Estrada, Sanxenxo, Tui, Viveiro e Cambados e que ten como obxectivo que os concellos participantes que melloren polo menos un 10% a súa achega ao colector amarelo respecto ao mesmo período do ano pasado. Todos aquelas entidades locais que sexan capaces de mellorar as devanditas cifras conseguirán un premio de 2.000 euros que se doará a unha causa social local da súa elección. Outro dos proxectos nos que a Xunta e Ecoembes tamén veñen colaborando é o o proxecto Horeca, unha iniciativa para fomentar que os negocios de hostalería, restauración e cátering separen os envases nas súas instalacións e que xa conta con máis de 3.000 locais que mostran a súa concienciación ambiental en máis de 120 concellos de toda Galicia.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page